SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO

SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO

GONZÁLEZ COSTA, TERESA

15,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2009
Materia
Teatro
ISBN:
978-84-9782-506-1
Páginas:
88
Encuadernación:
Rústica
15,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palabras que non vai aprender, o tango que quedou sen bailar. Susana, a filla, e Luís, o xenro, móvense arredor del como caricaturas insensibles, preparados para o despegue social. María limpa o que lle mandan, sen facerse demasiadas preguntas porque así doe menos. As palabras proferidas por Manuel apenas atopan interlocutor, a non ser en María, e as frases altisonantes dos autómatas mestúranse coas reverberacións dos neóns da rúa, que impiden ver as estrelas. Será tarde para fuxir desta nebulosa anestesiante? Tal e como fixo Héitor, o fillo que canta nun club, lonxe da insensibilidade.
Sempre quixen bailar un tango de Teresa Costa González obtivo o XVIIº Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, outorgado por AGADIC. O xurado salientou desta peza a solidez da súa estrutura dramática, cualificándoa como unha obra " moi coidada " e " moi ben construída " , así como a súa intención de ridiculizar valores dominantes na sociedade actual como o afán de poder, a ambición, as aparencias, a superficialidade ou o materialismo, en contraste co " poder salvador dos soños "

Otros libros del autor

  • A MEMORIA DOS PAXAROS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables. A sombra dun terrible ser mitolóxico emerxe das tebras, ao tempo que un especulador de terreos asegura ter a solución a tod...
    Consulta disponibilidad

    5,99 €

  • OS SANTOS NUNCA DORMEN
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa «vivencia atlántica», os acontecementos ...
    Consulta disponibilidad

    20,95 €

  • ALÉN DAS BRUMAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Que pode representar un faro unha noite de treboada? Un refuxio para maquillarse e esquecerse. A decisión de abandonar a ciencia e o mundo exterior. Unha loita con aparicións familiares e co pasado. Un intre para desdebuxar ese fío de voz insistente no vento. Pero que pasa se esa ecuación chamada Eloisa é de súpeto alumada polos propósitos e escintileos dun electricista inusual...
    Consulta disponibilidad

    1,00 €

  • PINGUEIRAS E TARTEIRAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Consulta disponibilidad

    13,50 €