A MEMORIA DOS PAXAROS

A MEMORIA DOS PAXAROS

GONZÁLEZ COSTA, TERESA

5,99 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2020
Materia
Infantil y juvenil
ISBN:
978-84-9121-713-8
Encuadernación:
Otros
5,99 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables. A sombra dun terrible ser mitolóxico emerxe das tebras, ao tempo que un especulador de terreos asegura ter a solución a todos os problemas.
Celeste, a filla do ornitólogo e mais dunha investigadora da mitoloxía das aves, vai tentar descubrir que hai detrás de todo o que está a pasar. Que se repita ou non a traxedia que tivo lugar poucos anos atrás depende talvez da memoria que algunhas persoas valentes gardan do tempo en que as catro pedras con nome de paxaro eran veneradas.

Otros libros del autor

  • OS SANTOS NUNCA DORMEN
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa «vivencia atlántica», os acontecementos ...
    Consulta disponibilidad

    20,95 €

  • SEMPRE QUIXEN BAILAR UN TANGO
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palabras que non vai aprender, o tango que quedou sen bailar. Susana, a filla, e Luís, o xenro, móvense arredor del como caricaturas insensibles, preparados para o despegue social. María limpa o que lle mandan, sen facerse demasiadas preguntas porque así doe menos. As palabr...
    Consulta disponibilidad

    15,50 €

  • ALÉN DAS BRUMAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Que pode representar un faro unha noite de treboada? Un refuxio para maquillarse e esquecerse. A decisión de abandonar a ciencia e o mundo exterior. Unha loita con aparicións familiares e co pasado. Un intre para desdebuxar ese fío de voz insistente no vento. Pero que pasa se esa ecuación chamada Eloisa é de súpeto alumada polos propósitos e escintileos dun electricista inusual...
    Consulta disponibilidad

    1,00 €

  • PINGUEIRAS E TARTEIRAS
    GONZÁLEZ COSTA, TERESA
    Consulta disponibilidad

    13,50 €