AO PÉ DO ABISMO

AO PÉ DO ABISMO

ANEIROS, ROSA

20,95 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2007
Materia
Reportajes y colección artículos periodísticos
ISBN:
978-84-9782-676-1
Páginas:
320
Encuadernación:
Rústica
20,95 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Ao pé do abismo é a engaiolante prosa xornalística de Rosa Aneiros e inclúe textos tan deslumbrantes como «A última vaca», premio Caixanova Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Literatura e xornalismo, realidade e ficción.Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase coa mentira pero nunca sabemos cal é cal. O lindeiro entre a literatura e o xornalismo fica esvaecido polo neboeiro dos datos, das aparencias, da credibilidade, dos nomes, da estrañeza, da obxectividade sempre subxectiva de quen olla. Son retallos que navegan entre a realidade e a ficción, un baile arriscado ao pé do abismo, unha singradura por memorias e teimas. Por horrores e fascinacións. Por paisaxes e persoas. Dos terribles titulares de prensa ao nordés que varre o rostro na Frouxeira. Das estatísticas que anulan os rostros á ollada de Carol nunha favela de Brasil. Das perlas que se perden no maremoto de Asia ao silencio de area do pobo saharauí. Do sabor clorofila do tabaco en Viñales ao debuxo dunha bandada de estorniños na Coruña. Todas estas mentiras e verdades fican atadas tan só por un fío de herba. É un mollo de emoción que talvez nos permita atrapar por uns segundos o efémero e aturuxador cotío que sempre nos foxe. A realidade nunca estivo tan lonxe. Ou non.

Otros libros del autor

  • ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE...CHEGADAS?
    ANEIROS, ROSA
    «Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. ...
    Consulta disponibilidad

    15,50 €

  • ÁMOTE LEO A. ESTACIÓN DE TRÁNSITO
    ANEIROS, ROSA
    Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles ...
    Consulta disponibilidad

    15,50 €

  • 5.RESISTENCIA.(NARRATIVA)
    ANEIROS, ROSA
    Consulta disponibilidad

    19,00 €