ÁMOTE LEO A. ESTACIÓN DE TRÁNSITO

ÁMOTE LEO A. ESTACIÓN DE TRÁNSITO

ANEIROS, ROSA

15,95 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2014
Materia
Infantil y juvenil
ISBN:
978-84-9914-623-2
Páginas:
288
Encuadernación:
Rústica
15,95 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles e as invisibles, e converterse na Marco Polo que admiraba de cativa. Neste tempo, visitou cidades como Barcelona, Lisboa ou Marrakech e aprendeu a dar pasos por si mesma, con todas as satisfaccións e, tamén, todos os erros ás costas. A fantástica tropa de Ruth, ese alivio para o seu peto e desazo para o corazón, foi ata o momento a súa mellor aliada contra a morriña que lle pisa, teimuda, os calcañares. Agora, nese vehículo incómodo que atravesa Turquía, Leo ten que decidir que facer. Que visitar. Con quen. Como. A rapaza bota a man á cabeza acabada de rapar e suspira. Dende logo, esa visita inesperada en Istambul uns días antes non axuda a tomar unha decisión firme.
Estación de tránsito é a segunda entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo das peripecias de Destino xalundes, Leo deberá superar dificultades e asumir sorpresas tan marabillosas como imprevistas no seu camiño. Haberá novas cidades, novas amizades e novas pintadas para unha viaxe que parte de cero cada día. Cales serán os seus próximos pasos? Conseguirá Leo cumprir o seu soño? Acompáñaa e déixate seducir por un mundo fascinante da man da infatigable Leo A.

Otros libros del autor

  • ÁMOTE LEO A. TERMINAL DE...CHEGADAS?
    ANEIROS, ROSA
    «Mamá, volvo á casa. Xa.» Así lle escribe Leo á súa nai unha noite de primavera, catro meses despois do inicio da súa fascinante viaxe polo mundo. A moza non ten gana de máis. Pero non se trata dunha rendición, velaquí unha auténtica arroutada sentimental, rosma Leo ao tempo que centos de imaxes golpean a súa cabeza. O roubo e as cascudas de Barcelona. A saia de tule de Praga. ...
    Consulta disponibilidad

    15,95 €

  • 5.RESISTENCIA.(NARRATIVA)
    ANEIROS, ROSA
    Consulta disponibilidad

    19,00 €

  • AO PÉ DO ABISMO
    ANEIROS, ROSA
    Ao pé do abismo é a engaiolante prosa xornalística de Rosa Aneiros e inclúe textos tan deslumbrantes como «A última vaca», premio Caixanova Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Literatura e xornalismo, realidade e ficción.Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase coa mentira pero nunca sabemos cal é cal. O lindeiro entre a literatura e o xornalismo fica esvaecid...
    Consulta disponibilidad

    20,95 €