VENTO E CHUVIA (EDICIÓN DE CAMPO)

VENTO E CHUVIA (EDICIÓN DE CAMPO)

MITOLOXIA DA ANTIGA GALLAECIA

GAGO MARIÑO, MANUEL

14,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2015
Materia
Narrativa fantástica
ISBN:
978-84-9914-903-5
Páginas:
256
Encuadernación:
Rústica
14,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia.

Otros libros del autor

  • O ANXO NEGRO
    GAGO MARIÑO, MANUEL
    A principios dos anos 80, Nicolás Bren, capitán retirado da Mariña Mercante, recibe un estraño encargo por parte dos veciños dunha parroquia montañesa da Costa da Morte: recuperar a figura roubada dunha Santa Mariña da que son moi devotos. A investigación emprendida polo capitán, xunto cos veciños da parroquia, levaraos a transitar pola trama dun sistema corrupto e a descubrir ...
    Consulta disponibilidad

    23,50 €