UN SEÑOR ELEGANTE

UN SEÑOR ELEGANTE

DE TORO, SUSO

9,99 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2020
Materia
Novela moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-9121-765-7
Encuadernación:
Otros
9,99 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste.
Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.
Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia.
Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.

Otros libros del autor

  • ESDEVENIR HUMIL.GREGAL
    DE TORO, SUSO
    «Esdevenir humil» és fer un acte de renúncia voluntària a una part del nostre orgull, o supèrbia. És un contrasentit per a les persones modernes. Ho és, és anar en sentit contrari. A vegades cal saber caminar, però també desfer el camí. Avançar amb el peu dret, però també amb l'esquerre. Lligar i deixar anar. Podem aprendre a desaprendre, això és «fer-se humil». I podem fer prà...
    Consulta disponibilidad

    11,50 €

  • SOMNÁMBULOS
    DE TORO, SUSO
    " Somnámbulos " reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado. A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro. Non se acostuma contar mais o traballo de escribir ficción é ir cavando nun pozo dentro de un, conforme se descende a auga...
    Consulta disponibilidad

    17,95 €

  • MADEIRA DE ZAPATERO
    DE TORO, SUSO
    Consulta disponibilidad

    16,40 €