TEMPO DE BEBIDAS ISOTÓNICAS E FAST-FOOD

TEMPO DE BEBIDAS ISOTÓNICAS E FAST-FOOD

ALONSO, ÁLEX

19,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2016
Materia
Novela moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-9914-984-4
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
19,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confírelle rotundidade e credibilidade a cada unha destas historias mínimas. Un humor marabilloso, sutilmente retranqueiro, e un coidado rexistro lingüístico coloquial, impregnado cos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das Rías Baixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertida para configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia. Dende o memorable relato «O curso de novas tecnoloxías», que abre o libro a gargalladas, pasando pola versión bífida de «By Glory Lake» ou polo emotivo «Non me chames terrorista», até o estremecedor «Vitrasa», Álex Alonso debulla algunhas das causas e prexuízos da desigualdade e da precariedade da Galicia actual.

Otros libros del autor

  • GRANITO
    ALONSO, ÁLEX
    Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ...
    Consulta disponibilidad

    12,50 €