Un ratiño, a piques de ser papado por unha donicela,
dille que para facer unha sopa de roedor moito máis saborosa
precisa ingredientes de moitos contos. Entón, o astuto
protagonista deste libro comeza a contarlle historias
que a deixan completamente encandeada...