SON NOXENTO

SON NOXENTO

QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ

18,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2015
Materia
Novela moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-9914-824-3
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
18,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Suso é un deses homes aos que «ningunha femia pode atar, fodedor de todas». Con todo, o que aconteceu obrigouno a casar con Lilí, unha «nena ben, a nena de papá e de mamá, dunha familia desas burguesas e tradicionais». Suso púñase tolo, saído como un can, cando miraba moverse o cu de Lilí, así que o intentou polas boas e polas malas.
Son noxento é a historia dunha relación presidida pola crueza e dun individuo abominable, un deses personaxes de carne e óso que, lamentablemente, existen, e que un día, sen que a autora desta novela saiba ben como, se lle filtrou no maxín.
E, aínda que non é agradable -nin sequera na ficción- tratar cun ser amoral como Suso, María Xosé Queizán confesa no limiar que, ao construílo, estivo todo o tempo diante do ordenador «sen parar de rir». E é que ese é un dos paradoxos de Son noxento: como pode ser tan hilarante un ser tan repugnante? Ademais de abordar a crítica social desde a boa literatura, Son noxento é unha novela presidida polo humor, por ese humor imprescindible para achegarse ás circunstancias e aos personaxes máis dramáticos a fin de escribir un relato intelixente e literario.
Son noxento conta unha historia que nos mantén expectantes, elaborada a través dun espléndido monólogo interior. Unha curta e gran novela de María Xosé Queizán.

Otros libros del autor

  • ¡SENTINELA, ALERTA!
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    Un aprendiz prepara, sen sabelo, o seu propio cadaleito na carpintería da prisión, onde os ebanistas se afanan en tallar os mobles para o Dobre, o director do centro, aquel ser cruel e odiado por todos. Unha militante comunista emprende unha desesperada folga de fame. Un preso relata oufano como matou a súa muller porque ela se lle repuxo. Unha muller maltratada decide tramitar...
    Consulta disponibilidad

    20,50 €

  • A BONECA DE BLANCO AMOR
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    A boneca que dá título ao libro, e que tamén é a xénese do texto, viaxa de Punta Arenas, en Chile, ao pazo dos Andrada, onde vai xogar un decisivo papel na obsesión sexual dun dos personaxes de A esmorga e, talvez, no seu dramático final. A obra mestra de Blanco Amor señorea toda a novela de María Xosé Queizán, estendéndose de forma analéptica até a inaugural viaxe de Magalhães...
    Consulta disponibilidad

    14,00 €

  • EMILIA PARDO BAZÁN
    QUEIZÁN, MARÍA XOSÉ
    «Emilia Pardo Bazán nace cun don: a curiosidade, o afán de saber. É filla única e os seus amigos van ser os libros. Le todo o que encontra, incluso os papeis de envolver as pedras de azucre...» María Xosé Queizán convídanos a percorrer a época en que viviu Pardo Bazán e achéganos a súa vida e obra dunha maneira sinxela e entretida. O volume inclúe unha cronoloxía e unha escolm...
    Consulta disponibilidad

    12,50 €