PUB: HISTORIA DA LITERATURA GALEGA CONTEMPORANEA-CARBALLO C

PUB: HISTORIA DA LITERATURA GALEGA CONTEMPORANEA-CARBALLO C

CARBALLO CALERO, RICARDO

17,19 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
GALAXIA (GALICIA), EDITORIAL
Año de edición:
2020
Materia
Estudios interdisciplinarios
ISBN:
978-84-9151-546-3
Encuadernación:
Otros
17,19 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Día das letras galegas 2020
Entre 1808 e 1936, datas decisivas da historia peninsular e, polo tanto, da historia de Galicia, desenvólvese un ciclo da literatura galega que chamamos contemporánea, é dicir, que está ligada ás orixes da vida colectiva dos galegos durante os tempos actuais: séculos XIX e XX. Os acontecementos que marcan ambas as datas sinalan fitos que constitúen sinais de termo moi relevantes no devir histórico de Galicia. A literatura do país, directa ou indirectamente, é testemuño elocuente daquel acontecer. Desde os textos patrióticos e políticos do primeiro terzo do século XIX -que nas vellas formas do academicismo neoclásico e do popularismo ilustrado expresan as recentes ideas ou a oposición ás mesmas- ata as fórmulas vangardistas e as preocupacións polo destino da terra que bolen nos textos escritos nas vésperas xulianas, a lingua galega percorre un breve, pero esgrevio camiño, en procura da súa identidade literaria, ás apalpadelas de primeiras, descubrindo logo e loitando por asimilalos, os precedentes medievais, abalando entre o enxebre dialectalismo e a cobiza de xeneralidade, trompicando aquí, erguéndose alá, nun xurdio esforzo, as máis veces incontrolado, por atopar e rego e o enderezo que converta a fala espontánea en lingua de cultura.
Este libro traza a hisotira desde esforzo, sen propósito de apoloxía, senón con ánimo de precisión. Está escrito con evidente amor á materia desde esforzo, sen propósito de apoloxía, senón con ánimo de precisión. Está escrito con evidente amor á materia que trata, pero este amor maniféstase na intención de ser verdadeiro, e non se confunde con ningún obxectivo de exaltación paracientífica.
Unha suma benfaturenta de datos novos foi arrecadada para fornecer firmeza ás páxinas do volume, xa que en moitos aspectos o autor decruou as leiras que lle correspondía cultivas; polo que a obra é de investigación persoal máis que de síntese de traballos anteriores.

Otros libros del autor

  • PUB: XENTE DA BARREIRA, A
    CARBALLO CALERO, RICARDO
    Pode ser considerada unha novela neorrealista, aínda que os personaxes non pertencen, como case sempre acontece na novela neorrealista, ás clases artesás, ás clases obreiras ou pequenoburguesas dun mundo urbano ou vilego... senón a un mundo rural. A xente da Barreira é un título axeitado porque o protagonista é a propia casa da Barreira co seu contorno, a xente da Barreira; me...
    Consulta disponibilidad

    6,23 €

  • PUB: FORZA PUBLICA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO, A
    CARBALLO CALERO, RICARDO
    Honni soit qui mal y pense. Isto non é un panfleto, é un relato. Quen crese o contrario, nin da FUE sabe, nin sabe de min. Escríbeseeste libro para que a opinión coñeza con exactitude o que apenas puido entrever a través da prensa turiferaria do despotismo, a través das palabras —palabras aladas, fugacísimas— nosas. Durante moito tempo só a eles lles foi dado falar. Hora é xa d...
    Consulta disponibilidad

    8,47 €

  • EL GRUPO NOS
    CARBALLO CALERO, RICARDO
    El grupo Nós ha desempeñado un papel decisivo en las letras, la cultura y la política gallegas. Formado por Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas y Antón Losada Diéguez, personalidades de perfil muy diferente, participaron todos ellos en el Seminario de Estudos Galegos (1923), institución que se movía en el marco renovador al que también pertenece la Junt...
    Consulta disponibilidad

    14,00 €