POESÍA GALEGA COMPLETA

POESÍA GALEGA COMPLETA

ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA

21,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2008
Materia
Poesía
ISBN:
978-84-9782-687-7
Páginas:
392
Encuadernación:
Rústica
21,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Poesía galega completa recolle toda a obra poética en galego de Xosé Mª Álvarez Blázquez, tanto os seus cinco poemarios, Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (s. XIII) (1953), e Canle segredo (1954), como poemas inéditos da edición anterior de Xerais de 1987 e outros moitos que até o de agora nunca saíron á luz, nunha coidadosa edición preparada por Xavier Rodríguez Baixeras. Membro da xeración de 1936, truncada pola guerra civil, a fonte máis auténtica e profunda da lírica de Álvarez Blázquez é a poesía popular. Aínda que, como di Baixeras no estudo introdutorio, ''o primeiro que cabe destacar da súa poesía é a diversidade, pois toda ela obedece a dúas actitudes moi diferentes; por unha banda, a adhesión a unha liña neopopular e de tradición imaxinista, e, por outra, á dunha expresión intimista e, finalmente, social''. Trátase dunha voz que non se limita a acomodarse nun mesmo tipo de poema, senón que procura sempre unha maneira nova.

Otros libros del autor

  • ROSEIRA DO TEU MENCER
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Este libro recolle o texto de Roseira do teu mencer, o poemario que Xosé María Álvarez Blázquez dedicou en 1950 a súa primeira filla, Colorín, con motivo do seu primeiro aniversario. Cantiga de berce, canción de roda, xogo paralelístico, autenticidade popular latexan en cada sílaba destes poemas escritos por un pai deslumbrado e namorado pola graza da filla e sobrecollido polo ...
    Consulta disponibilidad

    8,25 €

  • POESÍAS (IRIS) Nº 8
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Consulta disponibilidad

    9,00 €

  • A CIDADE E OS DÍAS
    ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, XOSÉ MARÍA
    Consulta disponibilidad

    32,65 €