PODEROSA

PODEROSA

DIARIO DUNHA RAPAZA QUE TIÑA O MUNDO NA MAN

KLEIN, SÉRGIO

13,60 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2008
Materia
Infantil y juvenil
ISBN:
978-84-9782-823-9
Páginas:
256
Encuadernación:
Rústica
13,60 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que vive unha rapaza que soña con ser escritora.
Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historia e nela mesma. Se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar a literatura para cambiar o presente? Joana Dalva non dubida en converter a ficción en realidade. O problema é que cada texto que ela escribe provoca consecuencias imprevistas, orixinando outros textos que traen novos problemas. É o xogo do gato e do rato que acaba escapando do seu control. Para participar nese xogo non é preciso ter a idade de Joana Dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas da adolescencia.
Esta novela de Sérgio Klein, que obtivo enorme éxito no Brasil, é para todos os lectores e lectoras que cren no poder transformador das palabras.

Otros libros del autor

  • PODEROSA 3
    KLEIN, SÉRGIO
    Joana Dalva, unha rapaza adolescente, transforma en realidade aquilo que escribe coa man esquerda. Nesta terceira entrega do seu diario, o seu segredo permítelle desfacerse das ameazas dunha solteirona tola, axudarlle a unha compañeira de clase a domar un pai autoritario, ensinarlle a súa avoa a linguaxe informática e sobrevivir ás perrenchas do seu irmán pequeno. Fronte a tant...
    Consulta disponibilidad

    13,60 €

  • PODEROSA 3
    KLEIN, SÉRGIO
    Consulta disponibilidad

    11,75 €