OUTRA GALIZA

OUTRA GALIZA

TORO SANTOS, XESÚS DE

21,95 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2008
Materia
Reportajes y colección artículos periodísticos
ISBN:
978-84-9782-851-2
Páginas:
304
Encuadernación:
Rústica
Colección:
EDICIÓN LITERARIA>CRÓNICA
21,95 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

As páxinas d' Outra Galiza, escritas dende 2003 á primavera de 2008, naceron do diálogo do escritor Suso de Toro co seu país, nuns anos de tránsito, de cambio social e político nos que houbo momentos de grande conflitividade e dureza, nun tempo aberto no que apareceu a expectativa de que a sociedade galega abrollase máis anovada. Textos críticos e autocríticos, escritos coa convicción de que as palabras contribúen a cambiar o estado das cousas e ganduxados coa intención explícita de ir ofrecendo un programa para un novo galeguismo e tecer unha Galiza da cidadanía. Un libro de intervención onde latexa no fondo un optimismo razoable e a confianza na nosa sociedade e nas posibilidades deste tempo novo.