ONDE NUNCA É MAÑÁ

ONDE NUNCA É MAÑÁ

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO / GONZÁLEZ PASCUAL, ALEJANDRO

15,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
FAKTORIA K DE LIBROS
Año de edición:
2014
Materia
Poesía
ISBN:
978-84-15250-69-2
Páginas:
120
Encuadernación:
Rústica
15,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Na súa persistente batalla a favor da vida, o poeta practica o esmero léxico neste novo inventario de latexos, afonda na exquisitez da naturalidade e aproxima os seus versos á cadencia do sermón, coa memoria como faro e meta.

Ilustración de cuberta de ALEJANDRO GONZÁLEZ PASCUAL

Manuel Álvarez Torneiro segue rastrexando o pasado en “Onde nunca é mañá”; e porfía en facelo dende o compromiso coa exactitude da palabra. A acumulación de memoria é cada vez maior e iso leva o poeta a unha sorte de confesión aínda máis crepuscular. Persisten liñas como o gusto pola reveladora enumeración paradoxal, a exuberancia de imaxes poderosas e un manexo léxico de ourive. Neste poemario, a vella aproximación dos versos á cadencia do sermón busca dun xeito máis claro a exquisitez da naturalidade.

Á fin, quen emerxe neste libro é alguén agradecido («ladrón de mel nos libros prohibidos») á caloriña que desprenden os cadros e as músicas dos mellores. “Onde nunca é mañᔠconvértese así nun inventario de alentos e latexos a cargo dun home de tantos, teimando sempre na batalla a favor da vida.

Esta obra séguelle a “Os ángulos da brasa” (Premio Ánxel Casal de Poesía 2012, Premio da Crítica Española 2012, Premio de Poesía da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2012 e Premio Nacional de Poesía 2013), que vai pola cuarta edición en galego e foi traducida ao castelán por Teresa Seara para Visor Libros.