O SEÑOR LUGRÍS E A NEGRA SOMBRA

O SEÑOR LUGRÍS E A NEGRA SOMBRA

REI NÚÑEZ, LUÍS

23,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2007
Materia
Novela moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-9782-641-9
Páginas:
384
Encuadernación:
Rústica
23,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesma que sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908-Vigo, l973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia sometida a toda clase de vaivéns. Outro caudal, de tinta e testemuños, é o que lle serviu de base a Luís Rei Núñez nesta viaxe arredor dunha figura desmesurada coa que, ademais, consegue trazar o fresco de toda unha época de penitencia e un moi veraz retrato de grupo; con mestres en gramática parda, señoritos taram-bainas, artistas dipsómanos, mulleres que fuman, bares de alterne, un ruso " branco " ou os cando-rosos aprendices de literato... en definitiva, a fauna que opta polo exilio da bohemia cando o única vía de escape, na inacabable invernía dun réxime inxusto, consiste en contar co talento innato de Pucho Boedo, fenómeno da canción, ou de Luís Suárez, grande astro do balompé muncial. En tempos de descrédito para as apostas de calado, Rei Núñez sorpréndenos construíndo unha obra que, sen deixar de ser rigorosamente contemporánea, é de clara estirpe cervantina. Novela, si; mais tamén realidade. Como a vida.

Otros libros del autor

  • ESTRELA DO NORTE
    REI NUÑEZ, LUIS
    Os poemas deste libro transitan entre a tradición, sempre de dobre raíz, culta e popular, e a contemporaneidade, un espazo por definición fuxidío. Son poemas empeñados, asemade, en achegar a necesaria música á pescuda das emocións, e vano facer botando man de recursos como a métrica e a rima; é dicir, acolléndose coa confianza dun artesán á protección dos límites. O resultado é...
    Consulta disponibilidad

    15,00 €