O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

O LIBRO DAS VIAXES IMAXINARIAS

PUENTE DOCAMPO, XABIER

15,26 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2008
Materia
Infantil y juvenil
ISBN:
978-84-9782-916-8
Páginas:
224
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
VARIOS
15,26 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrición de dous cadernos de viaxe carentes de data e de calquera información que permita coñecer a localización dos lugares visitados ou a identidade do seu autor. Cadernos nos que se recollen dous tipos de textos: descrición das cidades e reinos visitados e apuntamentos e debuxos que tomou o Viaxeiro, xunto con algún textos reflexivos máis íntimos.
" Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retornará á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato. " " Viaxar é ir ao encontro do que nos emociona na súa contemplación e diante do que abandonamos todo desexo de posesión, porque o gozo está en recibírmolo de xeito gratuíto. Así comeza este libro inusualmente fermoso de formato esvelto, que nos propón, coma fixera Calvino, unha viaxe por lugares imaxinarios, na que acompañaremos ao Viaxeiro percorrendo cidades, camiños, montañas e coñecendo as súas xentes. Cadernos de viaxe evocadores e poéticos que nos propoñen, tamén, unha viaxe ao interior de nós mesmos, que nos trasladan a mundos imaxinados reais e fantasiosos, uns relatos que nos invitan a gozar do pracer da lectura.

Otros libros del autor

  • O MISTERIO DAS BADALADAS
    PUENTE DOCAMPO, XABIER
    No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confun...
    Consulta disponibilidad

    14,50 €

  • EL MISTERI DE LES CAMPANADES
    PUENTE DOCAMPO, XABIER
    El nou rellotge del campanar d'Eiranova fa tretze campanades, en comptes de dotze, cada mitjanit. Cristina i els seus amics intentaran desembolicar el misteri. ...
    Consulta disponibilidad

    10,75 €