O BAILE DIMINUTO

O BAILE DIMINUTO

FERRADA LEFENDA, MARÍA JOSÉ / POIROT, SOLÉ

15,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
KALANDRAKA EDITORA-INF
Año de edición:
2012
Materia
Infantil y juvenil
ISBN:
978-84-8464-782-9
Páginas:
36
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Kalandraka
15,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

De onde saíron os animais diminutos que atravesan a mañá do xardín? Será que un día non eran nada e logo foron grilos, vermes, bolboretas?

“O baile diminuto” é un texto poético que destaca pola súa sonoridade e o protagonismo do campo e da natureza, a través dos insectos que van desfilando polas súas páxinas, caracterizados por Sole Poirot con moita orixinalidade mediante a técnica do collage: a araña, a avespa, a formiga, a couza... A partir dunha estrutura repetitiva que potencia o efecto lírico da obra, María José Ferrada constrúe composicións dunha gran calidad literaria: unha linguaxe metafórica e evocadora, que esperta os sentidos e mais a curiosidade dos lectores sobre un sorprendente mundo de seres minúsculos que soen pasarnos desapercibidos.

O grilo que compón a súa propia melodía, a abella que soñaba con flores docísimas, os térmites que esculpen universos de madeira, o vestido de lunares da xoaniña, o farol verde co que o vagalume ilumina o mundo, a mosca de lentes enormes que toma apuntes nun caderno con follas de aire, as ás como espellos de auga do cabaliño do demo ou a bolboreta que voa de primavera en primavera... Unha fauna vista, descrita e ilustrada dende a óptica da beleza.