MATERIA DE LUCRECIO

MATERIA DE LUCRECIO

PAZ, XABIER

16,95 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2006
Materia
Poesía
ISBN:
978-84-9782-474-3
Páginas:
96
Encuadernación:
Rústica
16,95 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Materia de Lucrecio de Xabier Paz é un poemario concibido na tradición de pensamento liberador e cívico, amecendo a visión filosófica e científica coa poética: un libro que constitúe unha reflexión sobre a orixe e o devir do Cosmos, sobre a existencia e o coñecemento humanos neste desolado pórtico do século XXI. A emoción e a estrañeza do vivir ven suxeita pola rédea do coñecemento científico que se expón non exento de ironía. O desconcerto da conciencia, limitada, dexergando o Universo ilimitado e a vertixe da visión cosmolóxica na súa inmensidade, procuran acougo no acicate do coñecemento obxectivo e poético da materia, do seu devir. O ser humano, tenta recoñecerse na parte non arredada do Universo apalpando as súas leis. O coñecemento poético do posible como guieiro: poesía da materia. Poesía non como asombro polo íntimo, senón como indagación no que de común temos na nosa individualidade, a busca dunha estética antropolóxica. Poesía da experiencia, pero non da experiencia persoal e individual senón da experiencia comunitaria que nos outorga o herdo comunal do coñecemento científico.

Otros libros del autor

  • A GALERA DE XELMÍREZ
    PAZ, XABIER
    Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan. O que non saben é que esa viaxe os vai transformar ra...
    Consulta disponibilidad

    19,95 €