HISTORIA DA LITERATURA GALEGA II. DE 1853 A 1916

HISTORIA DA LITERATURA GALEGA II. DE 1853 A 1916

DE 1853 A 1916. O REXURDIMENTO

PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN

30,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2014
Materia
Literatura: historia y crítica
ISBN:
978-84-9914-764-2
Páginas:
440
Encuadernación:
Rústica
30,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan.
Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes; considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social; participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece -e resulta fornecida- de consistencia e sentido. Desde a publicación d'A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.

Otros libros del autor

  • COMO EN ARGELIA.PULP BOOKS-RUST
    PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN
    Amor, pasión humana y política a principios de los años 60. A comienzos de la década de los 60 del siglo XX, el mundo vive momentos de agitación e incertidumbre, entre la revolución castrista y la rebelión contra el poder colonial francés en Argelia. Cuba y Argelia están en las mentes y conversaciones de unos jóvenes que sueñan con librarse del yugo franquista y conquistar la l...
    Consulta disponibilidad

    18,00 €

  • A BATALLA DO PARAÍSO TRISTE
    PENA SÁNCHEZ, XOSÉ RAMÓN
    Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bombas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado que lles permita atinxir a liberdade. No medio daquela multitude está Antoine de Saint-Exupéry. O autor d' O principiño residiu na capital portuguesa antes de marchar cara a América e definiuna como un paraíso tr...
    Consulta disponibilidad

    20,95 €