(G).NACEMENTO DO DRAGON.(FAKTORIA DE LIBROS)

(G).NACEMENTO DO DRAGON.(FAKTORIA DE LIBROS)

FEI, WANG / SELLIER, MARIE

15,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
FAKTORIA K DE LIBROS
Año de edición:
2009
ISBN:
978-84-96957-53-4
Páginas:
32
Encuadernación:
Cartoné
15,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Mentras en Europa o dragón é un animal misterioso
e de reminiscencias diabólicas, en Asia é sinónimo de paz.
Esta obra bilingüe galego-chinés mandarín, que conxuga
literatura, caligrafía e ilustración, conta a orixe desta criatura
mítica, creada en tempo inmemorial polos nenos e nenas
das diversas tribos chinesas. Os adultos, que veneraban
os animais sagrados, tamén facían a guerra no seu nome.
...Ata que os nenos decidiron crear un animal que os arredara
desa espiral bélica: co corpo da serpe silandeira e astuta
admirada polos habitantes da meseta, coa cabeza do cabalo
veloz coma o vento que protexía os xinetes, coas escamas
do peixe escintilante honrado polos pescadores da beiramar,
cos cornos do búfalo forte e traballador ao que enxalzaban
os campesiños dos arrozais, e coas patas do paxaro libre
e cazador louvado polos montañeses, xurdiu un ser híbrido
co que cada Aninovo chinés se festexa a paz e a ledicia.