EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA

EXHORTACIÓN Á DESOBEDIENCIA

BEIRAS, XOSÉ MANUEL

14,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
2013
Materia
Política
ISBN:
978-84-8487-235-1
Páginas:
118
Encuadernación:
Otros
14,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Ética democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara á independencia, socialización, home novo/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da “Declaración de Láncara”, que Xosé Manuel Beiras debullaba ao recoller o Premio Ramón Piñeiro “Facer País” en outubro de 2005. Dalgún xeito as súas palabras constituíron unha especie de texto fundacional, o pórtico de valores que, na esfera política, levaron a Beiras en compañía de moitas e diversas persoas a saír a navegar en mar aberto, a poñer os alicerces dun movemento sociopolítico de novo deseño que, no eido da sociedade política, cristalizou na creación de Anova-Irmandade Nacionalista e da coalición Alternativa Galega de Esquerda. Entre medias, unha crise sistémica como pano de fondo, na que tanto os modelos de Estado das autonomías e de Estado social e de dereito, como o modelo de economía social e de mercado e o modelo europeo entraron en esclerose irreversíbel.

Non abonda pois cunha simple alternativa política partidaria. Cómpre un movemento, non un partido, un proceso de mobilización da cidadanía do común, unha nova cultura política que practique a indignación e a desobediencia. Ao cabo, unha rebelión cívica organizada como pobo e como motor da emancipación cara a una creba democrática co réxime existente, emanado da Segunda Restauración Borbónica. Cómpre reclamarmos o imposíbel: “só é utópico aquilo que non se loita por acadar”.

Otros libros del autor

  • O PROXECTO COMUN DA NACION GALEGA
    BEIRAS, XOSE MANUEL
    Non cansarei de reiterar que unha nación non é un territorio, que incluso é un ingrediente prescindíbel para que exista unha realidade sociopolítica definíbel como nación. Elucidouno Otto Bauer hai cen anos: o territorio é un elemento básico para a existencia dun Estado, non dunha nación. Organizar o territorio do Estado –analxésico para a dór de moas “autoanémica”– non serve p...
    Consulta disponibilidad

    14,75 €

  • O PROXECTO COMÚN DA NACIÓN GALEGA
    BEIRAS, XOSÉ MANUEL
    Non cansarei de reiterar que unha nación non é un territorio, que incluso é un ingrediente prescindíbel para que exista unha realidade sociopolítica definíbel como nación. Elucidouno Otto Bauer hai cen anos: o territorio é un elemento básico para a existencia dun Estado, non dunha nación. Organizar o territorio do Estado –analxésico para a dór de moas “autoanémica”– non serve p...
    Consulta disponibilidad

    14,75 €

  • EXHORTACIÓN A LA DESOBEDIENCIA
    BEIRAS, XOSÉ MANUEL
    Retrato de Beiras A primera vista parece un león. Y es. Pero tiene la delicadeza del ciervo, la paciencia del gato, la lealtad del perro, la solidaridad de las aves, que se ayudan en el vuelo, el sentido del honor del toro de lidia, que se crece en el castigo, y la inteligencia de los raros hombres que dan prestigio a la condición humana. Gallego tenía que ser. Queríamos feli...
    Consulta disponibilidad

    16,00 €

  • 23.POR UNHA GALIZA LIBERADA E NOVOS ENSAIOS.(ENSAI
    BEIRAS, XOSE MANUEL
    Consulta disponibilidad

    20,00 €