ESPIRAL DE SOMBRAS

ESPIRAL DE SOMBRAS

SEOANE, XAVIER

15,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
FAKTORIA K DE LIBROS
Año de edición:
2013
Materia
Poesía
ISBN:
978-84-15250-56-2
Páginas:
152
Encuadernación:
Rústica
15,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Versos entre a lírica e a épica, o canto e a elexía. Unha viaxe pola historia dende as orixes, navegando por territorios espaciais e humanos, paisaxes e memorias. Un percorrido pola civilización atlántica: liberdade e dependencia, esperanza e esquecemento, identidade e aculturación. Ilustración de cuberta de ISAAC PÉREZ VICENTE

Entre a lírica e a épica, entre o canto e a elexía, “Espiral de sombras” explora a luz e a escuridade dunha utopía incumprida: “Somos da mesma raíz que a terra e as palabras…” Desde as orixes, pasando pola historia e polos seus avatares, Xavier Seoane indaga na tensión entre o que xa foi e o que pelexa por ser, nun contexto de globalización imparable que trae ata o presente as ameazas da perda e da demolición: “Levántate, país de tódolos abraios, / de tódalas desfeitas…” Coa paixón e co ritmo como armas e cunha vigorosa imaxinaría, este libro é unha navegación por territorios espaciais e humanos, paisaxes e memorias, tanto materiais como inmateriais. Unha viaxe, tamén, por unha civilización atlántica -á que se incorporan os nomes de escritores, artistas, editores contemporáneos- que abala entre a liberdade e a dependencia, a esperanza e o esquecemento, a aculturación e a identidade.

De composición sinxela -con trazos da poesía tradicional- e cunha linguaxe directa, está estruturado en tres partes: Corazón de maiola, Pan de raposo e Pedra da serpe.

Faktoría K retoma o ronsel literario da antiga colección Tambo -continuando con Luís Rei Núñez como coordinador- para seguir apostando por un xénero que conta en Galicia con voces ben destacadas. Na nova etapa, tamén se abre a autores doutras linguas, traducidos directamente para o galego.

Otros libros del autor

  • DE VUELOS Y DE AVES
    SEOANE, XAVIER
    Xavier Seoane, poeta gallego, además de monografías sobre arte, escribió ensayos de carácter humanístico, narrativa y aforística. Su obra ha sido traducida a varios idiomas y figura en múltiples antologías de poesía gallega actual. De vuelos y de aves es una invitación a su mundo íntimo que, mediante la reiterada aparición de la naturaleza en sus versos, te atrapa y propone no ...
    Consulta disponibilidad

    18,00 €

  • PARA UNA LUZ AUSENTE
    SEOANE, XAVIER
    Consulta disponibilidad

    15,00 €

  • A DAMA DA NOITE
    SEOANE, XAVIER
    Os derradeiros momentos da vida dunha muller. As lembranzas agroman no leito entre a doenza, a febre e a dor. Comezan a desfilar, entón, os feitos relevantes da súa vida. Amores, desamores, pensamentos, libros, viaxes, soños... Lembranzas entrecortadas, nunha néboa que as vai enterrando no definitivo esquecemento... A través dunha obra de absoluta ficción que recrea a dramáti...
    Consulta disponibilidad

    15,00 €

  • A ROCHA IMANTADA (AFORISMOS 1984-2009)
    SEOANE, XAVIER
    O presente libro recolle longos anos de creación aforística. O seu autor xa se estreara, no mesmo xénero, con Irispaxaros / Arca Cotiá, en 1984, así como coa carpeta de artista Irispaxaros, unha edición reducida e numerada de aforismos e gravados realizada sobre papel arches e acetato transparente en colaboración co artista Manuel Facal. O aforismo é unha iluminación. Un peque...
    Consulta disponibilidad

    12,00 €

  • SAUDAR A VIDA
    SEOANE, XAVIER
    Este ensaio propón unha defensa da cultura humanística nun mundo de gran desenvolvemento científico, tecnolóxico e produtivo, mais no que a persoa carece moitas veces dunha verdadeira soberanía e dunha plenitude de horizontes e expectativas culturais e vitais. Unha cultura e unha educación ricas en valores e enraizadas no social, atentas ás descubertas das ciencias naturais e s...
    Consulta disponibilidad

    24,50 €