DENDE O CONFLITO

DENDE O CONFLITO

REIMÓNDEZ, MARÍA

18,60 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2014
Materia
Novela moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-9914-737-6
Páginas:
296
Encuadernación:
Rústica
18,60 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas e que fican silentes do outro lado das noticias. Incluso, por paradoxal que semelle, as propias xornalistas. As dificultades e os atrancos, mais tamén a reformulación da vida propia desde o extremo, van alén do evidente e buscan transmitir desde a emoción próxima da carne e o óso, desde unha posición rebelde cos papeis dados, a procura da propia voz para que as outras tamén a teñan. Probablemente por iso, porque a personaxe vive situacións límite, " Dende o conflito " é unha novela sobre a evolución e a construción dunha persoa que loita por ser exactamente o que ela quere ser.
" Dende o conflito " rende homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo. Da man da protagonista viaxamos desde o Congo a Irak, desde Etiopía a Afganistán, desde Sri Lanka a Haití, pero tamén a Berlín, Barcelona, Compostela e Vilalba, que son os lugares onde Saínza se protexe da violencia buscando o agarimo e o refuxio dos afectos como unha necesidade vital para non renderse nunca.
E é que " Dende o conflito " é unha novela sobre o xornalismo, sobre a guerra, sobre o abismo entre o norte e o sur, sobre a pobreza, sobre a fame, a miseria e a marxinación, pero, moi especialmente, é unha novela sobre o valor da amizade e do amor, sobre a diversidade e a contradición dos sentimentos e, en definitiva, sobre a esencia das cousas que son as realmente importantes na vida.

Otros libros del autor

  • FURIA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Tras la muerte de su madre, Cecilia, una adolescente de dieciséis años, no sabe convivir con el dolor. Por si esto no fuera poco, una pandemia, un cambio de casa, la precariedad y la incomunicación con su tía abuela la llenan de rabia ante el mundo que la rodea. Cuando las cosas parece que ya no podrían empeorar más, aparece el boxeo. Gracias a este deporte y a una serie de per...
    Consulta disponibilidad

    16,90 €

  • ¡BÁRBARAS!
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    ¿Un proceso corporal y cultural que afecta en algún momento de la vida a más de la mitad de la población humana no debería ser un tema fundamental de reflexión?Por increíble que parezca, hablar de la menstruación sigue siendo complicado.Con un enfoque desenfadado y con el objetivo de hacernos reflexionar, ¡Bárbaras! utiliza la menstruación como vía de acceso a una gran diversid...
    Consulta disponibilidad

    16,90 €

  • A MÚSICA DOS SERES VIVOS
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha...
    Consulta disponibilidad

    22,95 €

  • VOLVO! O REGRESO DE USHA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece por ningures. A seguir, Lakshmi deixa de súpeto de ir ...
    Consulta disponibilidad

    12,50 €

  • A ALTERNATIVA ESTÁ AQUÍ
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    En momentos nos que a desesperanza vai da man da axitación cómpre revisar os nosos puntos de partida, as nosas perspectivas e alianzas. En momentos nos que se busca unha saída, unha solución e un punto e final ás malas noticias colectivas, é hora de deixar os lugares trillados e buscar as alternativas noutros que ata o de agora non estaban nin na liña do horizonte. A alternati...
    Consulta disponibilidad

    11,95 €