BALDRAS, O XIGANTE

BALDRAS, O XIGANTE

EIRAS MOREIRAS, IOLANDA

12,90 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2009
Materia
Infantil y juvenil
ISBN:
978-84-9782-977-9
Páginas:
40
Encuadernación:
Cartoné
12,90 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Xulián escoita dicir aos seus amigos na praza de Vilapedra, que un xigante está a achegarse á vila; uns din que traga lume, outros que é vermello, outros que é verde porque papa todo o lume, outros que as súas pegadas son tan fortes que retumba toda a terra... Mais Xulián, que de maior quería ser investigador, pensa que os xigantes non existen e para demostrárllelo vai na súa procura. Porén, cando o tivo diante quedou abraiado polo que estaba a ver.
Baldras, o xigante é o primeiro álbum no que colaboran Iolanda Eiras e o ilustrador Francisco Bueno. Un álbum sobre a amizade e a diferencia. O libro inclúe un cedé no que a autora narra o conto sobre un fondo musical composto tamén por ela.

Contido do CD de Baldras, o xigante:
Música e letra: Iolanda Eiras
Arranxos: Alfredo Susavila e Banda Artística de Merza
Efectos e música interpretada pola Banda Artística de Merza
Coro de nenos e nenas " A Ferradura " do CEIP Pío XII
Técnico de son, gravación e mezclas: Pablo Barreiro
Coa colaboración da Radio Galega
Ambientación do texto extraído de fragmentos de música clásica.