AA.VV
9 cadernos para que o alumno, dunha forma lúdica e próxima, desenvolva a súa capacidade para: - Comunicarse de forma fluída e correcta, mellorando a súa linguaxe e ampliando o seu vocabulario. - Expresar as súas ideas e sentimentos de menera clara e ordenada. - Gozar dos textos escritos do seu contorno e da literatura, mostrando interese e curiosidade. - Reflexionar sobre a súa propia aprendizaxe.
A colección de cadernos Aprendo a pensar para Educación Infantil permite o desenvolvemento do pensamiento crítico e creativo para converter a información en coñecemento, hábito que debe interiorizarse desde idades moi temperás e converterse nun proceso de aprendizaxe permanente, que pode prolongarse ao longo de toda a vida. Para iso ofrécese este traballo apoiado en tres áreas fundamentais: matemáticas, linguaxe e medio.