ANÁLISE DA COMPETENCIA

ANÁLISE DA COMPETENCIA

CAMOIRAS RODRÍGUEZ, ZAIRA / GARCÍA GARAZO, MARÍA TERESA

2,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
SERVIZO DE PUBLICACIÓNS E INTERCAMBIO CI
Año de edición:
2020
Materia
Economía
ISBN:
978-84-17595-95-1
Páginas:
23
Encuadernación:
Otros
2,00 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

A unidade didáctica «Análise da competencia» pertence á materia Fundamentos de Comercialización, correspondente ao segundo curso do grao en Administración e Dirección de Empresas. Segundo o plan de estudos da titulación (BOE n.º 56, de 5 marzo de 2010), dita materia ten carácter obrigatorio. A súa carga lectiva é de 6 créditos ECTS e impártese no segundo cuadrimestre.A materia de Fundamentos de Comercialización ten como finalidade ofrecerlle ao alumnado unha visión xeral do márketing, de forma que o alumnado adquira un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que o alumnado que curse a materia chegue a coñecer e a comprender os conceptos básicos do márketing e do seu contorno que condicionan a súa xestión, coñeza o sistema de información de márketing e o proceso de investigación de mercados, e coñeza o mercado e sexa quen de identificar e avaliar os segmentos e o comportamento de compra dos consumidores e dos compradores industriais. Os contidos desta materia desempeñan un papel fundamental na titulación do grao en Administración e Dirección de Empresas, dado que constitúen a primeira aproximación do alumnado á Comercialización, e os seus contidos serán complementados cos das materias obrigatorias e optativas da área impartidas no terceiro e cuarto curso do grao.Nesta terceira unidade didáctica, preséntanse as forzas do contorno que afectan á capacidade da empresa para atender os seus clientes, analízase a competencia e identifícanse as principais tendencias do contorno.

Otros libros del autor

  • A DIMENSIÓN DO MARKETING
    CAMOIRAS RODRÍGUEZ, ZAIRA / GARCÍA GARAZO, MARÍA TERESA
    A unidade didáctica «A dimensión do márketing» pertence á materia Fundamentos de Comercialización, correspondente ao segundo curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas. Segundo o plan de estudos da titulación (BOE n.º 56, de 5 marzo de 2010), dita materia ten carácter obrigatorio. A súa carga lectiva é de 6 créditos ECTS e impártese no segundo cuadrimestre.A materi...
    Consulta disponibilidad

    2,00 €