Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Técnica Contable, incluído no Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.
Ao longo de dez unidades aséntanse as bases da metodoloxía contable mediante o recoñecemento dos elementos que integran o patrimonio dunha organización económica, a súa clasificación en masas patrimoniais, a aplicación do Convenio de cargo e aboamento e do Método da partida dobre, e a identificación do contido básico do Plan Xeral de Contabilidade de pequenas e medianas empresas que permitirán entender o mecanismo dos rexistros necesarios para a elaboración dos libros contables e a formulación das contas anuais.