A NEGRURA DO MAR

A NEGRURA DO MAR

CARIDE, RAMÓN

12,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2006
Materia
Infantil y juvenil
ISBN:
978-84-9782-496-5
Páginas:
168
Encuadernación:
Rústica
12,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

O presente volume inclúe unha novela ("A negrura do mar") e dous relatos longos (O misterio do Prión" e "A primeira aventura") que constitúen unha nova entrega das aventuras de Said e Sheila, os dous irmáns da época futura, os personaxes creados por Ramón Caride en "Perigo vexetal", que tiveron novas entregas na colección Merlín, "Ameaza na Antártida" e "O futuro roubado".
Said e Sheila, os dous irmáns ecoloxistas e pacifistas que loitan dende o futuro por un mundo mellor, relatan n' "A negrura do mar" a viaxe que emprenderon no outono do ano 2076 ao Océano Atlántico con motivo dunha alarma medioambiental provocada pola aparición de manchas de hidrocarburos detectadas nalgúns coídos e praias situadas entre Cabo Fisterra e as illas Sisargas. Na enseada do Cuño e na vila de Covelo atoparán indicios da existencia dunha posible marea negra que os remontará, por medio dunhas cartas que lles proporciona unha velliña, aos acontecementos sucedidos no afastado outono de 2002 cando naquelas mesmas costas naufragou o petroleiro Prestige provocando a maior negrura do mar coñecida na Costa da Morte.
N' "O misterio do Prión", os investigadores mozos contan o que lles sucedeu aló polo 2074 cando acometeron a súa primeira intervención en asuntos biotecnolóxicos. Souberon que na granxa de avestruces dos pais do seu amigo Brais comezaran a pasar cousas nunca vistas: algúns animais presentaban un comportamento extraño que será obxecto das súas pesquisas e que os obrigará a remontarse na procura da orixe da síndrome de EEB (Encefalopatía Esponxiforme Bovina) que afectara as vacas, que dían tolas, ao comezo do século XX.
Por último, completa estes "Arquivos de Sheila e Said", ilustrados como nas entregas anteriores por Miguelanxo Prado, a narración da primeira aventura dos irmáns de Loreda, dando conta dos seus primeiros anos de vida na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan.

Otros libros del autor

  • LIQUIDACIÓN DE EXISTENCIAS
    CARIDE, RAMÓN
    Liquidación de existencias contén historias que aparentan estar collidas das rúas, ou das novas dos xornais. Tan asombrosas, tan aterradoras, tan cómicas e tan absurdas que abalan entre a empatía e o noxo. Talmente como a vida. O mundo como un inmenso Polígono Outlet no que todo está de saldo. Materias, experiencias, formas, sentimentos, corpos e soños. Se non podemos cambiar ...
    Consulta disponibilidad

    19,50 €

  • NEGRURA DEL MAR, LA.SOPA DE LIBROS-167.ANAYA-RUST
    CARIDE, RAMÓN
    Este volumen incluye una novela ( " La negrura del mar " ) y un relato largo ( " La primera aventura " ) y constituye una nueva entrega de las aventuras de Said y Sheila. En " La negrura del mar " , los muchachos reciben una alarma medioambiental provocada por la aparición de manchas de hidrocarburos en el océano Atlántico y en las playas gallegas...
    Consulta disponibilidad

    9,50 €

  • AS VIAXES DE RUKI
    CARIDE, RAMÓN
    Tan pronto como chegaban do colexio Pedro e Petra fechábanse no cuarto da rapaza e púñanse a fedellar co seu equipo de electrónica. Así foi como naceu Ruki, un rato-robot que, grazas a unha teteira, un ordenador e unha tormenta, rematou viaxando polo universo, visitando estrañísimas galaxias e seres como os guquipuquis, os ratos cempés ou a Comellona do planeta Toupamil... ...
    Consulta disponibilidad

    11,50 €

  • FUTURO ROBADO, ELS.SOPA DE LIBROS-149.ANAYA-INF
    CARIDE, RAMÓN
    Sheila y Said viven en esta ocasión su aventura más arriesgada. Su amiga Irina les visita en su molino y descubre que han desaparecido misteriosamente. ¿Qué les ha podido pasar? Said y Sheila han viajado en el tiempo y tienen que enfrentarse a un poderoso grupo que, por intereses económicos, están dispuestos a destruir una importante zona de costa, sin importarles los destrozos...
    Consulta disponibilidad

    9,50 €

  • AMENAZA EN LA ANTÁRTIDA.SOPA DE LIBROS-132-INF
    CARIDE, RAMÓN
    Ramón Caride continúa las aventuras de los hermanos Said y Sheila, a los que ya conocemos por "Peligro Vegetal", número 90 de esta colección. En "Amenaza en la Antártida", ambientado a finales del siglo XXI, los hermanos descubren muchos peces muertos en el río que pasa cerca de su casa. Preocupados por el desastre ecológico, la investigación les lleva hasta el multimillonario ...
    Consulta disponibilidad

    9,50 €

  • BERTIÑO ROMPETODO
    CARIDE, RAMÓN
    Bertiño é un neno trasto, sempre que quere facer algo remata rompendo todo. Fai a merenda e a cociña remata desfeita, colle un conto na librería e alá van os andeis e os libros, ata na gardería respiran se Bertiño cae con febre. Bertiño pon patas arriba a consulta do pediatra... ...
    Consulta disponibilidad

    8,50 €