Perico é un galo que vive nunha granxa nas montañas.
Sempre é o primeiro en espertar porque o seu traballo consiste en cantar unha canción para chamar polo Sol.
Pero un día, Perico queda durmido e o Sol non sae.
Disposto a arranxar este problema, Perico emprende unha viaxe nun barco de papel para buscar o Sol e cantarlle a súa canción.
Logrará atopalo?
Conseguirá a canción de Perico que o Sol volva saír?