A ANTESALA LUMINOSA

A ANTESALA LUMINOSA

TIZÓN, ANTONIO

20,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2015
Materia
Novela negra
ISBN:
978-84-9914-800-7
Páginas:
264
Encuadernación:
Rústica
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
20,50 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido. Cando comproba que está vivo, inicia a súa busca por distintas cidades mentres vai lendo unha novela escrita polo fuxitivo en terceira persoa que só contén capítulos pares, polo que os feitos narrados polo inspector en primeira persoa funcionan a modo de capítulos impares. Estamos, pois, ante dúas medias novelas que se complementan nun xogo metaliterario nada complicado para o lector. Unha das historias transcorre en doce días e a outra alóngase durante vinte anos; están escritas con diferentes estilos. Crime, intriga, corrupción, impunidade, whisky abundante, sexo, prostíbulos, garitos de xogo... presiden unha das historias; a outra trata sobre o amor, a convivencia, o demo, o inferno -a loucura- como tema catalizador, como antesala luminosa da morte. Estamos ante unha novela mestiza, mulata. Unha novela que paga a pena ler como contribución a un xénero negro menos xenuíno e máis transcendente.

Otros libros del autor

  • LA ANTESALA LUMINOSA
    TIZON, ANTONIO
    Consulta disponibilidad

    19,90 €

  • OS INCURÁBEIS
    TIZÓN, ANTONIO
    «Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura. Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio coruñés dos Castros. A muller morreu desangrada e coa marca dos cairos na gorxa. O inspector Sánchez non só terá que resolver ese caso, senón tamén outros similares que se rep...
    Consulta disponibilidad

    9,99 €