A AGONÍA DO LEÓN

A AGONÍA DO LEÓN

ESPERANZA E TRAXEDIA DOS ESCAPADOS

GONZÁLEZ REIGOSA, CARLOS

23,40 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2011
Materia
Ii república y guerra civil española
ISBN:
978-84-9914-196-1
Páginas:
352
Encuadernación:
Rústica
23,40 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xullo do 1936.
A guerra ía separalo da súa ocupación no campo para convertelo primeiro nun loitador na fronte de Asturias e despois, ao rematar a contenda, nun guerrilleiro antifranquista polo Bierzo, Ourense e o norte de Portugal. Durante os seus quince anos como escapado alumeouse o «mito Girón», co que se agrandou e sublimou a historia dunha vítima máis da guerra, dun home que, a falta de oportunidades de reinserción, foi protagonista dunha longa e azarosa peripecia de fuxida levando até as súas últimas consecuencias un desigual combate contra o franquismo, mesmo cando carecía xa de posibilidades de éxito.
As andanzas de Manuel Girón non son concibibles sen a comarca leonesa na que se agochou durante anos como escapado, La Cabrera, un espazo de montaña por entón case inaccesible que se estende polo noroeste da provincia de León nos seus límites con Zamora e Ourense. A Guerra Civil española sobreviviu neste curruncho esquecido moito despois de 1939. Nesta case «selva» inexpugnable é onde terá lugar A agonía do león, narrada hoxe con grande rigor histórico por Carlos G. Reigosa.
O autor lánzase cara á paisaxe da literatura oral e do país real a peito descuberto, sen morbo e con vocación esclarecedora, sempre tras dos seus personaxes. Así, A agonía do león pode lerse como reportaxe dun tempo de dor, como novela policial, como crónica de horribles sucesos, como episodio bélico, como novela psicolóxica, como crónica de costumes, como socioloxía dunha zona deprimida, como retrato da condición humana nunha situación límite...

Otros libros del autor

  • LAXEIRO POR SI MESMO
    GONZÁLEZ REIGOSA, CARLOS
    Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o "eu" primixenio. Laxeiro nas súas propias palabras, sen intermediarios nin intérpretes, nunha conversa con Carlos G. Reigosa sobre o divino e o humano, e tamén sobre a pintura, o seu desafío radical. Laxeiro por si mesmo, nu diante do espello, espontáneo e vital, sen disfraces... Iso contén este libro. Ben seguro, cand...
    Consulta disponibilidad

    22,95 €

  • PEPA A LOBA
    GONZÁLEZ REIGOSA, CARLOS
    Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixa...
    Consulta disponibilidad

    18,60 €

  • EL PERIODISTA EN SU CIRCUNSTANCIA
    GONZALEZ REIGOSA, CARLOS
    Consulta disponibilidad

    15,50 €