NACER. ANIMAIS EXTRAORDINARIOS

NACER. ANIMAIS EXTRAORDINARIOS

GUTIERREZ, XULIO / FERNANDEZ, NICOLAS

17,00 €
IVA incluido
Available in 1 week
Publishing house :
KALANDRAKA EDITORA-INF
Year of edition:
2009
Matter
Infantil y juvenil
ISBN:
978-84-8464-693-8
Pages :
32
Binding :
Cartoné
Collection :
Kalandraka
17,00 €
IVA incluido
Available in 1 week

A forma asombrosa na que se reproducen e coidan as súas crías doce especies de "Animais Extraordinarios"...

“Nacer” é o segundo volume da colección Animais Extraordinarios. Neste libro descríbese a forma asombrosa en que se reproducen e coidan as súas crías doce especies de animais. No volume anterior, “Bocas”, explícase con detalle e rigor o modo peculiar no que algunhas especies obteñen o seu alimento. Noutros libros desta colección mostraranse as construcións máis sofisticadas do reino animal, as migracións máis espectaculares e as insólitas estratexias que algúns seres vivos utilizan para pasaren desapercibidos.

Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual, que comeza situando o lector ante os diversos grupos de reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sur, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece un volume de información ben dosificada sobre as súas características, localización e costumes, centrándose na súa forma de chegar ao mundo, isto é, de nacer.

Esta obra, recomendada non só para o eido escolar, senón para todos os lectores interesados no medio ambiente, abriralles as portas ao fascinante mundo dos animais. A serie Animais Extraordinarios tamén inclúe os libros titulados “Bocas” e “Construtores”.