UNHA CORRENTE SALVAXE

UNHA CORRENTE SALVAXE

DANS, RAÚL

17,95 €
IVA incluido
Available in 10 days
Publishing house :
LAIOVENTO
Year of edition:
2020
Matter
Estudios interdisciplinarios
ISBN:
978-84-8487-474-4
Pages :
213
Binding :
Rústica
17,95 €
IVA incluido
Available in 10 days

Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención.
Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.
Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque d' Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, “a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmosferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situacións e á axilidade dos diálogos”.
En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin á súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo.
“Unha corrente salvaxe atrapa ao lector desde o inicio…, nunha dinámica que o vai ir sorprendendo a medida que avanza, e ao que non lle queda marxe para sequera tentar adiviñar o desenlace, habituado a que a páxina seguinte reconfigure a historia novamente” (X. M. Eyré).
“Unha corrente salvaxe ten recendos da mellor traxedia clásica… Unha auténtica bomba de reloxería… Todo un pracer lector do que non convén privarse” (Armando Requeixo).

Other books of the author

  • PAULIÑO É UN CABALO
    DANS, RAÚL
    Pauliño ten sete anos, vive cos seus pais e a súa irmá Águeda que é un bebe e de momento nin anda nin fala. Pauliño é fraco, pequecho, e parece un rapaz coma todos os outros. Unha mañá Pauliño saíu da cama dun chimpo e ceibou un rincho. -Hiiiiiii! Malia ser un cabalo, Pauliño debe lavarse, cepillar os dentes, ir a escola, facer os deberes... Pero Pauliño quere ser un cabalo sa...
    Available in 1 week

    11,95 €

  • NACHTMAHR
    DANS, RAÚL
    Available in 1 week

    13,15 €

  • 6.NUN MUNDO HOSTIL/TEATRO BREVE REUNIDO (1997-2007)
    DANS, RAUL
    Available in 1 week

    15,00 €