SÚBDITOS OU CIDADÁNS?

SÚBDITOS OU CIDADÁNS?

REFLEXIONS ANTE A INVOLUCION DEMOCRATICA E A LOXICA DOS PODEROSOS

DEL BOSQUE ZAPATA, HENRIQUE

8,49 €
IVA incluido
Available in 1 week
Publishing house :
XERAIS DE GALICIA ED.
Year of edition:
2020
Matter
Sociología y antropología
ISBN:
978-84-9121-711-4
Binding :
Otros
8,49 €
IVA incluido
Available in 1 week

Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiar deste necesario libro de Henrique del Bosque.
Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. O autor de "Súbditos ou cidadáns?" vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou e militou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición.
A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos, o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. "Súbditos ou cidadáns?" aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas.
O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes.

Other books of the author

  • E LOGO, TEMOS RAZÓNS PARA SER NACIONALISTAS?
    DEL BOSQUE ZAPATA, HENRIQUE
    O nacionalismo ten unha serie de valores que cómpre salientar. Defende unha serie de bens que son fundamentais na conformación da vida dos individuos: a historia da comunidade, a lingua, a cultura e a identidade, entre outros. Neste libro preténdese argumentar a prol do enorme valor que estes aspectos posúen de seu, así como da lexitimidade de todos os pobos a decidir o seu fu...
    Available in 1 week

    10,30 €