SOMNÁMBULOS

SOMNÁMBULOS

DE TORO, SUSO

17,95 €
IVA incluido
Available in 1 week
Publishing house :
XERAIS DE GALICIA ED.
Year of edition:
2014
Matter
Novela contemporánea
ISBN:
978-84-9914-757-4
Pages :
104
Binding :
Rústica
17,95 €
IVA incluido
Available in 1 week

" Somnámbulos " reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado.
A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro. Non se acostuma contar mais o traballo de escribir ficción é ir cavando nun pozo dentro de un, conforme se descende a auga vai saíndo máis fría. O caso deste libro é outro, nace arredor dun texto, " Negocios de familia " , que hai uns anos tirei fóra do pozo e que logo deitei de volta para o fondo pretendendo esquecelo. Durante anos chegábame algunha voz desde aquel burato máis as urxencias da vida diaria permitíronme non lles facer caso, até que as voces se foron facendo máis claras e fortes e tiven que procurar un oco nos meus días para voltar sentarme a escribir ao ditado desas voces. Ás veces ocorren cousas así.
O segundo, " Conversando coa auga " , é un texto que naceu dun encargo da " Fundación Agbar " , que me propuxo escribir un texto sobre " a auga desbordada " . O terceiro, " Insomne " naceu de recibir os chicotazos da historia nas costas propias. O orixinal foi escrito como texto para magnetófono e como tal foi escoitado por primeira e única vez na " Sala Galán " de Santiago. Retomeino e corrixino, separándoo un pouco máis das circunstancias históricas que vivía naquel momento. Seguramente a persoas que o lean hoxe, ese ser terríbel lles resulte estraño e lonxano, hoxe o terríbel fíxose invisíbel, noutros tempos os monstros tiñan figura. (Da nota do autor).

Other books of the author

  • UN SEÑOR ELEGANTE
    DE TORO, SUSO
    A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste. Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de d...
    Available in 1 week

    9,99 €

  • ESDEVENIR HUMIL.GREGAL
    DE TORO, SUSO
    «Esdevenir humil» és fer un acte de renúncia voluntària a una part del nostre orgull, o supèrbia. És un contrasentit per a les persones modernes. Ho és, és anar en sentit contrari. A vegades cal saber caminar, però també desfer el camí. Avançar amb el peu dret, però també amb l'esquerre. Lligar i deixar anar. Podem aprendre a desaprendre, això és «fer-se humil». I podem fer prà...
    Available in 1 week

    11,50 €

  • MADEIRA DE ZAPATERO
    DE TORO, SUSO
    Available in 1 week

    16,40 €