SIRENO, SIRENO !

SIRENO, SIRENO !

ALFAYA, AN

9,50 €
IVA incluido
Available in 1 week
Publishing house :
XERAIS DE GALICIA ED.
Year of edition:
2007
Matter
Infantil y juvenil
ISBN:
978-84-9782-600-6
Pages :
136
Binding :
Rústica
9,50 €
IVA incluido
Available in 1 week

Partindo da imaxe da escultura de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. " ¡Sireno, Sireno! " é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento. O neno refúxiase nun mundo onírico, no que o debuxo é a única vía de escape, pero só pinta en branco e negro porque vive nun mundo gris; nesa situación. A descuberta do Sireno, unha estatua deforme que se eleva nunha praza da súa cidade, esperta emocións intensas e contraditorias no seu interior. A partir de entón, sofre unha identificación fantasiosa que o axudará a camiñar na procura das cores. En palabras de An Alfaya, a autora, " o Sireno sérvelle ó protagonista de escusa para saír da escuridade na que quedou preso trala morte do pai e descubre nela a beleza do deforme como aposta persoal " .
Unha fermosa historia, merecedora do Premio Merlín de 1997, que é un reflexo dun alma infantil sensible. Unha historia escrita co corazón, que a autora recomenda lela tamén co corazón, que aposta por afondar nas vivencias e nos sentimentos.

Other books of the author

  • PUB: SOLEANDO
    ALFAYA, AN
    Available in 1 week

    4,56 €

  • MUROS DE AIRE
    ALFAYA, AN
    Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete sociolóxico. Reciben un encargo dunha institución académica que ten como obxectivo elaborar un estudo arredor dunha mostra de persoas unidas por un nexo común: o suicido con tendencias criminais. Fidel ocúpase dos asuntos administrativos; Cora do traballo de campo, e será a ...
    Available in 1 week

    20,95 €

  • O FÍO VERMELLO
    ALFAYA, AN
    A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, os seus pais, non perderon n...
    Available in 1 week

    12,50 €

  • O CADERNO AZUL
    ALFAYA, AN
    O cademo azul é un libro moi emotivo centrado no tema do contaxio da SIDA, por unha transfusión de sangue, nunha nena de once anos. Ambientado na cidade de Vigo, a protagonista, Ánxelica, vai escribindo no cademo azul que lle regalou o seu avó os seus sentimentos máis profundos. A historia váisenos desvelando ó longo das catro estacións do ano, en anaquiños moi breves, cunha li...
    Available in 1 week

    8,90 €

  • ILLA SOIDADE
    ALFAYA, AN
    Available in 1 week

    12,45 €