OBABAKOAK

OBABAKOAK

BERNARDO ATXAGA

20,00 €
IVA incluido
Available in 1 week
Publishing house :
FAKTORIA K DE LIBROS
Year of edition:
2008
Matter
Novela contemporánea
ISBN:
978-84-96957-36-7
Pages :
416
Binding :
Rústica
20,00 €
IVA incluido
Available in 1 week

Obaba non está en ningún mapa, é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións retratado a través dunsrelatos que nos transportan ao territorio atemporal dos soños e da imaxinación.

Ilustración de cuberta: Ramón Trigo.

«Obabakoak» transporta as lectoras e os lectores ao territorio atemporal dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario e o cotián abalan nunha difusa fronteira. Obaba non existe, non está en ningún mapa; é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións, pero axiña se atopa un emprazamento para os 26 relatos dos que consta. Realismo fantástico o desta obra baseada nas lembranzas de infancia de Bernardo Atxaga, que a estruturou en tres apartados: «Infancias», «Nove palabras en honra da vila de Villamediana» e «Á busca da derradeira palabra». Destaca a importancia que adquire para os protagonistas o exercicio da escrita, reflectida como un acto liberador que lles permite exorcizar os medos máis fondos. Sobresae tamén a capacidade do autor para definir con precisión psicolóxica o perfil dos personaxes, chegando ata os recunchos máis privados e intensos da conciencia de cada quen; convertendo sentimentos particulares en universais segundo se avanza na lectura.

Un dos factores máis salientables é a representación doutras figuras que non seguen as pautas e os convencionalismos morais ou sociais; así, aqueles que -pola súa conduta ou forma de pensar- son sinalados co dedo, tamén están presentes: o tolo, o ateo, a muller solitaria... Para estes marxinais ou diferentes, Bernardo Atxaga traza unha mirada amable e compasiva. Publicado en 1988, trátase dun texto que invita á evocación e á reflexión literaria, escrito con singulares e variadas técnicas narrativas, e traducida por Ramón Nicolás a partir da versión en castelán do propio autor; é o libro en éuscaro de máis sona internacional e traduciuse a máis de vinte linguas, ademais de recibir diversos premios. Existe unha adaptación cinematográfica dirixida por Montxo Armendáriz.

Other books of the author

  • MEMORIES D'UNA VACA
    BERNARDO ATXAGA
    Memòries d'una vaca és un dels llibres més reconeguts i estimats de Bernardo Atxaga. Una obra màgica i absolutament captivadora que ens endinsa en el paisatge exuberant del País Basc. Traduïda arreu del món i seleccionada en la Llista d'Honor de l'International Board on Books for Young People, aquesta novel·la ens parla sobre la necessitat d'explicar qui som i d'on venim. Un re...
    Available in 1 week

    12,50 €

  • OBABAKOAK
    BERNARDO ATXAGA
    Obabakoak liburua urte askoren emaitza da. Ipuingintzaren tradizio luze eta zabalaren sintesia lortzen du Obabakoakek, Poe-rengandik XX. mendeko azken ipuinlarien lanetaraino: Maupassant, Txekhov, Villiers de L'Isle-Adam, Schowb, eta gertuagoko Waugh, Quiroga, Rulfo, Cortázar, Borges, Singer, Ipar Amerikako ipuin tradizioa, eta abar... Ahozko tradiziotik Joxe Arratibelen Kontu ...
    Available in 1 week

    27,00 €