O avó di que os ollos son dúas fiestras para asomarse ao mundo.
Eu asómome e sinalo cada cousa que vexo. Sempre hai alguén que me di o que é.
O avo invita ao noso protagonista ao xogo de abrir os ollos para tomar consciencia do mundo do que forma parte. O pequeno non ten máis que sinalar co dedo para comenzar a súa aprendizaxe.
A través do sentido da vista iniciará unha viaxe coa que tomará contacto coas cores e as formas.