O HOMIÑO VESTIDO DE GRIS E OUTROS CONTOS

O HOMIÑO VESTIDO DE GRIS E OUTROS CONTOS

ALONSO, FERNANDO / WENSELL, ULISES

15,00 €
IVA incluido
Available in 1 week
Publishing house :
KALANDRAKA EDITORA-INF
Year of edition:
2014
Matter
Infantil y juvenil
ISBN:
978-84-8464-890-1
Pages :
88
Binding :
Cartoné
Collection :
Kalandraka
15,00 €
IVA incluido
Available in 1 week

Un homiño grisáceo, un espantallo bailarín, un bosque pétreo... ata oito relatos que forman esta gran obra clásica e que nos permiten reflexionar sobre a liberdade e a xustiza, a felicidade e os soños, a igualdade e a tolerancia.

“O homiño vestido de gris e outros contos” é un clásico publicado en 1978 que reúne oito relatos poéticos, co encanto e coa maxia de antano, para seguir emocionando os lectores do presente e do futuro. Fernando Alonso expón que, con imaxinación, pode haber máis dun final para unha historia e que os soños ás veces cúmprense. Tamén nos invita a facer unha reflexión sobre a utilidade e a beleza oculta dos obxectos; ou sobre a busca da felicidade e a súa conquista grazas ao esforzo colectivo. A liberdade está presente nas páxinas deste libro, xunto coa fantasía e coa ilusión. Advírtenos sobre a tiranía e defende a loita pola igualdade.

Destas lecturas despréndese a importancia de combater a intolerancia, a inxustiza e o egoísmo, de volver á nenez e de gozar dos pequenos momentos para construírmos un mundo mellor.

Acompañando os textos, as fermosas e sinxelas ilustracións de Ulises Wensell achegan frescura e dinamismo: caligrafías, escenas descritivas, detalles de obxectos e personaxes, e símbolos decorativos, completan a obra.

Other books of the author

  • HOMBRECITO VESTIDO DE GRIS Y OTROS CUENTOS,EL
    ALONSO, FERNANDO / WENSELL, ULISES
    Un hombrecito grisáceo, un espantapájaros bailarín, un bosque pétreo... hasta ocho relatos poéticos en este clásico con el que reflexionar sobre la libertad y la justicia, la felicidad y sueños, la igualdad y la tolerancia. ...
    Available in 1 week

    15,00 €