LETRAMOLA 2

LETRAMOLA 2

AS CONSOANTES: M, M; P, P; L, L; E N, N.

ESCUDERO I ANGLÈS, NEUS / GENOVER I HUGUET, ROSER

7,00 €
IVA incluido
Available in 10 days
Publishing house :
EVEREST-GALICIA-
Year of edition:
2008
ISBN:
978-84-403-1089-7
Pages :
40
Binding :
Rústica
7,00 €
IVA incluido
Available in 10 days

Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura.
Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos.
O tratamento de cada fonema iníciase con recoñecemento do son e a súa representación gráfica en minúscula e en maiúscula, para favorecer, respectivamente, a discriminación auditiva e visual. O método didáctico utilizado presenta unha secuenciación progresiva dos contidos: pásame do fonema á letra, da letra ás sílabas e destas ás palabras, ás frases e a diversos textos. Por outra banda, sempre que se introduce unha nova letra, repásanse as estudadas anteriormente. Deste xeito, os alumnos relacionan os novos contidos cos xa aprendidos.
No caderno 2 trabállanse as consoantes m, p, l e n a partir das historias protagonizadas pola bruxa Bufina e a fada Lila.
Neste caderno avánzase no uso de unidades lingüísticas superiores (sílabas) coa realización de actividades como a de completar palabras con sílabas e non unicamente cunha letra. Respecto ás grafías, ademais da letra soa, incorpóranse sílabas formadas con cada unha das consoantes que se van incorporando.
Tamén se introduce a letra ligada, tanto na presentación dos textos como á hora de escribir. Encontramos contos, trabalinguas, adiviñas e outros textos pensados especificamente para a letra que se está traballando en cada ocasión. Ao mesmo tempo, formulamos actividades lúdicas como sopas de letras e encrucillados.
A partir deste caderno inclúese unha páxina de recortables (fotografías) que serán necesarios para o traballo dalgunhas fichas.
En cada ficha proponse, ademais das actividades individuais, outras previas que pretenden axudar aos alumnos a comprender e a realizar adecuadamente a tarefa que lles demandamos, e a iniciárense no coñecemento das primeiras nocións gramaticais.
Ao final do caderno introdúcese unha ficha de avaliación de todo o que se traballou (discriminación visual, escritura de sílabas, lectura e escritura de palabras, etc.), utilizando unicamente letras que os alumnos xa coñecen.

Other books of the author

  • LETRAMOLA 1
    ESCUDERO I ANGLÈS, NEUS / GENOVER I HUGUET, ROSER
    Letramola é un proxecto didáctico destinado á Educación Infantil. Consta de sete cadernos e o seu obxectivo é iniciar os alumnos no proceso gradual da aprendizaxe da lectoescritura. Tres personaxes, a fada Lila, a fada Bufina e o mago Bieito, encárganse de presentar, por medio da linguaxe narrativa, cada un dos fonemas e letras que se van traballando nos cadernos. O tratamento ...
    Available in 10 days

    7,00 €

  • LETRAMOLA 3

  • PRO+12, CÓMO ME SIENTO
    ESCUDERO I ANGLÈS, NEUS / GENOVER I HUGUET, ROSER
    Available in 10 days

    6,00 €

  • PRO+12, CÓMO ME SIENTO. GUÍA
    ESCUDERO I ANGLÈS, NEUS / GENOVER I HUGUET, ROSER
    Available in 10 days

    12,48 €