ESPIDO DE GINA, O

ESPIDO DE GINA, O

FERNÁNDEZ, MIGUEL ANXO

20,70 €
IVA incluido
Available in 1 week
Publishing house :
GALAXIA GUTENBERG S.A.
Year of edition:
2014
Matter
Novela contemporánea
ISBN:
978-84-9865-535-3
Pages :
196
Binding :
Rústica
20,70 €
IVA incluido
Available in 1 week

Recordos de infancia, de mocidade e de madureza, nutridos na inmensidade da sala escura mentres a pantalla nos amosaba secuencias inesquecibles, personaxes memorables, tramas asombrosas? Mudaron os vellos cines, de olores singulares, de carteleiras coloreadas, de programa dobre e sesión continua, de cine dominical e festivo. Pero non mudou a capacidade do cine de provocar emocións.
En O espido de Gina, Miguel Anxo Fernández, escritor e cinéfilo, sérvenos un cóctel peculiar no que, usando dunha voz en off coma a de Fernando Rey en Bienvenido Mr. Marshall, un xornalista da ben identificable vila galega de Valdesantos, relata unha crónica na que se pode rastrexar o misterioso motorista de Amarcord, a mala relación entre o proxeccionista Alfredo e o crego Adelfio en Cinema Paradiso e o proxeccionista Luigi e o exhibidor Jordan en Splendor.
Atilano, don Nemesio, Manfredo, Valboa, Lambón, Mariví e o peculiar taberneiro Dousreás, forman o universo de Valdesantos, que ve alterada a súa paz de vila galega da década de 1960 cando os do cine Central anuncian a proxección da película Espida fronte ao mundo, protagonizada por Gina Lollobrigida. Ademais, a novela achega un retrato sociolóxico dunha época onde unha boa maneira de fuxir da intolerancia, do conformismo, da rutina e dos "25 anos de Paz" da propaganda oficial, eran as películas do Central e a televisión en branco e negro do café Moderno.

Other books of the author

  • UN DENTE SEN CADAVER
    FERNÁNDEZ, MIGUEL ANXO
    Nunha imprevista viaxe a Galicia para recoller unha herdanza, o detective Frank Soutelo, coa axuda da investigadora Dalia Maxino, enfróntase inesperadamente a un enigma: a aparición dun dente humano sen dono e de orixe descoñecida. ...
    Available in 1 week

    23,45 €