Escritura de José Ángel Valente está á altura estética do seu tempo. Réxea un dobre movemento de volta á tradición e de profundización na poética da modernidade. A actualización do legado literario e espiritual, na súa pluralidade, ten lugar no marco dunha lectura desconstrutiva e innovadora que non pode disociarse de certo compromiso intelectual. Como apunta a autora da obra, Fatha Benlabbah, a presenza do místico na poesía de Valente non deixa de ser constante e, sobre todo, consciente. En efecto, este autor actualiza o místico con plena conciencia de rehabilitar unha tradición máis alá do relixioso.