Era unha vez unha pequena vila francesa onde vivía
unha señora maior chamada Madame Louise Bodot.
Ela tiña un fillo que estaba en África estudando os réptiles.
Unha mañá, o carteiro tróuxolle un paquete moi estraño
con forma de O.
Aplicando altas doses de orixinalidade e sentido do humor,
Tomi Ungerer converte unha enorme serpe na fiel mascota
dunha adorable anciá. ?Críctor? resulta da insólita mestura
entre o exotismo africano e a exquisitez da sociedade francesa
decimonónica, aderezada con ironía e surrealismo.
Este laureado clásico de 1963 conserva toda a súa frescura
para seguir cativando a novas xeracións de lectores.