CONVERSAS CON DARÍO XOHÁN CABANA. VIDA E ESCRITA

CONVERSAS CON DARÍO XOHÁN CABANA. VIDA E ESCRITA

CALVO VIDAL, JOSÉ LUÍS / RODRÍGUEZ YÁÑEZ, YAGO

19,85 €
IVA incluido
Available in 1 week
Publishing house :
XERAIS DE GALICIA ED.
Year of edition:
2007
Matter
Biografías y memorias
ISBN:
978-84-9782-538-2
Pages :
296
Binding :
Rústica
19,85 €
IVA incluido
Available in 1 week

Pertence Darío Xohán Cabana á " Grande Xeración " de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodríguez Yáñez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romeán cunha das figuras da literatura galega contemporánea que posuíndo múltiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clásicos coas novas tendencias. " Vida e Literatura " , " Poesía " , " Narrativa " e " Traducion " son algúns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaído retrato humano, literario e político deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha " Cronoloxía " e " Bibliografía " , ademais dun apartado " Fotobiográfico " completan un volume que constitúe unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos máis recentes membros da Academia Galega.