AS MÁSCARAS DE CRONOS

AS MÁSCARAS DE CRONOS

POEMAS 1994-2005

CARIDE OGANDO, RAMÓN

23,60 €
IVA incluido
Available in 1 week
Publishing house :
XERAIS DE GALICIA ED.
Year of edition:
2006
Matter
Poesía
ISBN:
978-84-9782-514-6
Pages :
304
Binding :
Rústica
23,60 €
IVA incluido
Available in 1 week

As máscaras de Cronos reúne a poesía de Ramón Caride entre 1994 e 2005. Un volume que inclúe os libros éditos Cerne das labaredas (1994), Flor no deserto (1995), e Xeografías do sal (1999) e os libros inéditos Diacrónica (2002), Addenda (2002-2005), ademais dun epílogo do brasileiro A. Soares de Moura. Para Xosé Lois García, prologuista do libro, "estamos diante de cinco rexistro moi ben parcelados que nos dan a dimensión dunha poesía innovadora e do seu autor, quen con anterioridade a este poemarios, xa producira outros tres na década dos oitenta. Estamos, por tanto, ante un poeta que polo seu peso creativo xa ten trascendido, apostando por unha solvente e prestixiosa obra poética, onde mostra unha gran diversidade de rexistros que avalan todas as percepcións que nela se manifestan". As mascaras de Cronos alerta sobre a importancia da obra dun poeta que para o crítico Vicente Araguas constitúe "unha rosa, digámolo, tan exiquisita como irregular, con vocación lírica e épica, compatible cunha dedicación narrativa que ten acadado importantes metas e galardóns". Unha poesía definida por Manuel María como "aberta á vida e ao mundo, nunha visión totalizadora e non monográfica. Coido que a poesía de Caride é semellante ao orballo que, ao caer manseliñamente sobre nós, dá a impresión de que non molla pero, cando nos decatamos, estamos humedecidos deica os ósos".

Other books of the author

  • O SANGUE DOS CAMIÑOS
    CARIDE OGANDO, RAMÓN
    Nunha cidade descoñecida un escritor atorméntase coa desaparición da súa amada, mentres en Nova York unha azafata trafica con estrañas mercadorías. En Le-Vivier-Sur-Mer, na Bretaña, outra muller terá un encontro inesperado que rematará por mudar a súa vida. Os camiños dos tres confluirán, se cadra, dun xeito insólito. Como nunha road-movie vertixinosa, O sangue dos camiños (Pre...
    Available in 1 week

    17,60 €

  • O TARECO DE SARA
    CARIDE OGANDO, RAMÓN
    Available in 10 days

    7,50 €

  • DO A AO Z CON CABANILLAS
    CARIDE OGANDO, RAMÓN
    Available in 10 days

    7,75 €