ANÍBAL OTERO

ANÍBAL OTERO

LINGÜISTICA E POLITICA EN ESPAÑA NA GUERRA CIVIL E NO FRANQUISMO

ALONSO MONTERO, XESÚS

26,95 €
IVA incluido
Available in 1 week
Publishing house :
XERAIS DE GALICIA ED.
Year of edition:
2011
Matter
Biografías y memorias
ISBN:
978-84-9914-198-5
Pages :
416
Binding :
Rústica
26,95 €
IVA incluido
Available in 1 week

Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre.
Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, pola Policía portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridades militares de Tui, que, sen lexitimidade política, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro. Días antes, Aníbal Otero entrevistaba os " camponeses " do norte de Portugal como colaborador do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, el que, meses antes, investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia. Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas.
Cando, nos anos cincuenta, Aníbal Otero volve á actividade lingüística, faino con dificultades, con limitación de medios científicos e con moi poucos azos. Aníbal Otero está dentro das coordenadas da lingüística española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exilio interior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito sempre na belixerante dignidade de quen proclamaba que non " amnistiaba a Franco " ).

Other books of the author

  • EL NOMBRE Y LA OBRA DE ANTONIO MACHADO DENTRO DE LAS COORDENADAS DEL FRANQUISMO
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Sólo el nombre —el mero nombre— de Antonio Machado provocaba aversión en la España más oficialista de 1940. Fue necesario que un falangista culto, “liberal” y, entonces, con mucho prestigio intelectual escribiese un prólogo para que se pudiesen reeditar, en 1941, las Poesías completas, volumen que no incluía los poemas del período bélico (elegía a Lorca, soneto a Líster). Los f...
    Available in 1 week

    19,90 €

  • LETRAS ARGENTINAS,LETRAS GALLEGAS SU RELA. EN EL SIBLO XX
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    En Letras argentinas, letras gallegas, el autor examina tres capítulos muy importantes de la relación engre creadores literarios de uno y otro país. ...
    Available in 1 week

    12,00 €

  • XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro...
    Available in 1 week

    20,95 €

  • XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Available in 10 days

    17,00 €

  • PEDRO PETOUTO
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Este libriño editouse en volume no ano 1974, se ben boa parte dos capítulos desa primeira edición xa se publicaran, como dispersos, en 1973. Causou naquelas datas -aínda non morrera Franco- estrañeza ou desconcerto entre os lectores que viron no protagonista, Pedro Petouto, un mestre socialista, un curioso predicador marxistizante. O autor do libro, o profesor Xesús Alonso Mont...
    Available in 1 week

    11,95 €

  • EDUARDO JORGE BOSCO
    ALONSO MONTERO, XESÚS
    Available in 1 week

    19,60 €