ALÉN DA CASTA

ALÉN DA CASTA

CADERNOS ENSAIO 326

XABIER PÉREZ DAVILA

17,60 €
IVA incluido
Available in 10 days
Publishing house :
LAIOVENTO
Year of edition:
2016
Matter
Economía
ISBN:
978-84-8487-309-9
Pages :
212
Binding :
Rústica
17,60 €
IVA incluido
Available in 10 days

A crise financeira, transformada rapidamente en crise económica, social e política, aviveceu a crítica da desigualdade económica e a denuncia dunha pequena minoría de empresarios e políticos que goberna a sociedade ao servizo dos seus intereses, unha casta enfrontada á maioría social.

É posíbel comprender a sociedade ignorando os conceptos de poder, xerarquía e clase social? Existe, aínda, a loita de clases? Quén leva a ini- ciativa, a minoría poderosa ou a maioría subalterna?

Este texto describe as clases sociais tal como se configuran na primeira década do século XXI. Unha nova clase, a clase corporativa internacional, desenvolve, desde hai 40 anos, unha organizada, intelixente e teimuda ofensiva para aumentar a súa riqueza e poder e eliminar as conquistas históricas das clases traballadoras, da gran maioría social.

O resultado desta ofensiva é un enorme aumento da desigualdade na distribución da renda e a riqueza e un extraordinario ascenso da concen- tración do poder económico e político, paralelo ao aumento da pobreza, a exclusión social e a precariedade.

Un percorrido desde o cume do poder económico e político até as vidas precarias de millóns de traballadoras e traballadores.