GRANITO
-10%

GRANITO

ALONSO, ÁLEX

12,50 €
11,25 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad
Editorial:
XERAIS DE GALICIA ED.
Año de edición:
2020
Materia
Novela moderna y contemporánea
ISBN:
978-84-9121-757-2
Encuadernación:
Otros
12,50 €
11,25 €
IVA incluido
Consulta disponibilidad

Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ao escritor Truman Capote en "A sangue frío", Álex Alonso aposta aquí pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de documentación xornalística. "Granito" conta o salto ao baleiro de dous seres que xa levaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamente improvisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción case suicida de dous policías que non tiñan nada que perder. Ao mesmo tempo, a novela convértese nunha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galicia. En "Granito" Álex Alonso racha cunha convención nunca cuestionada na ficción galega ao reproducir no propio
diálogo dos personaxes a nosa realidade sociolingüística. Unha novela trepidante, intensa e reveladora.

Otros libros del autor

  • TEMPO DE BEBIDAS ISOTÓNICAS E FAST-FOOD
    ALONSO, ÁLEX
    Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradicións e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilización preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñal, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confírelle rotundidade e...
    Consulta disponibilidad

    19,50 €17,55 €